Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
O noso contrato coa Virgin (22)

O noso contrato coa Virgin

por  Paul á sombra
Ref #22
Descargar 0 Votos 31 Fans  Enviar
Velaquí o tema enviado por Paul á sombra, banda que xa participou na edición de A Polo Ghit 2008 co tema 'Unha tarde no zoo'. Como o ano pasado non gañaron, este ano Paul á sombra queren volvelo intentar. A ver se hai sorte! Agora cambiaron un pouco o grupo: a Gelpi sentoulle mal un Phoskitos caducado, e Frenchi marchou a Menorca porque é unha illa e nas illas hai máis praias. Pero teñen novos amigos: Luchi e Sami. Moito ánimo rapaces!!

Ao mellor Paul á sombra sacan dentro de pouco o seu primeiro EP, 'Juan Pinzás e a invasión dos parasoles asesinos'. Mentres esperamos por el, podemos pasalo guai con esta canción: 'O noso contrato coa Virgin'.Paul á Sombra son: Sami, banxo; Michi, guitarras; Luchi, baixo e teclados; Rudi, batería; e Charli, voz.

Letras

O NOSO CONTRATO COA VIRGIN

Dille ao pianista que non toque máis,
que ten o prezo escrito entre as dúas cellas,
todos os acordes de free-jazz,
non te prepararon para a lei da selva
dille ao camareiro que tequila só,
esta xente nunca estivo namorada
despois hai quen pensa que as cancións
non poden falar da praiaroba as balas do meu revólver
e se che gustan volve a verme
ola, o eco non responde
e nado até o horizonte sempre
e non sei se son un solitario
ou se somos varios
que non te coñecen

non quero facer outra canción do verán
pero algunhas veces non hai outro remedio
Roi menea o cu coma Georgie Dann
*mami qué será lo que tiene el negro*
dille a túa nai que non estás aquí
dille á túa sombra que pareza un accidente
levo cinco anos sen poder durmir
e agora bailan os adolescentes

outros dirán que a vida é simple
e que todo é posible
pero boeno, acepto terra firme
como animal que vive en seco
e non sei se son un solitario
ou se somos varios
que non te merecen

outros dirán que a vida é simple
e que todo é posible
pero boeno, acepto terra firme
como animal que vive en seco
e non sei se son insolidario
ou non teño ovarios
de o pensar dúas veces

 Comentario(s)

Paulasombra
Paulasombra - 27/06/2009 01:41

VIVAAAAA!! Xa estamos competindo! Veña, toda Sárdoma e tod@s @s nos@ fans a votar!! Escoitamos que os gañadores deste ano vainos levar a Xunta a tocar e a beber cubatas nas discotecas das illas Caimán!!! Sabedes algo??? Veña, a pasalo ben e a desfrutar coa canción deste verán: O noso contrato coa Virgin!!

retranqueiro
retranqueiro - 27/06/2009 02:17

Boa canción, e moi ben gravada, bo son; e ese estilo Josele ó cantar que lle queda moi ben

VivaMilliz
VivaMilliz - 27/06/2009 03:48

Seica os de ataque escampe reclaman a autoría deste tema. Non me creo nada, xa lles gustaría a eses pringados facer cancións como as vosas!!

gz_livre
gz_livre - 29/06/2009 11:39

Encanta-me.Mágoa que já votei noutra... Sodes os melhores, os melhores da Galiza.Apertas e parabéns!

Paulasombra
Paulasombra - 29/06/2009 02:08

Moitas grazas!!! Este é o noso myspace con todo o que @s fans queredes saber sobre nós, facédevos amig@s nos@s!! e aquí deixamos o noso enderezo electrónico: paulasombra87@gmail.com contratádenos para festas, verbenas e romarías!!! Veña, a desfrutar do verán!!!!

Paulasombra
Paulasombra - 29/06/2009 02:10

hahahaha. esqueceunos o myspace: http://www.myspace.com/paulasombra ala, que vos aproveite! A pasalo ben!!!

carraxe
carraxe - 04/07/2009 05:42

joder, que puto temazo. estes Paul á sombra están superando claramente aos primos dos Ataque Escampe. xa a do ano pasado era un temazo tamén. para cando un EP de Paul á sombra?

LuisaReed
LuisaReed - 04/07/2009 07:32

Eu estou con carraxe. As fans de Paul á sombra queremos xa!!! un EP deles! Seguro que tendes material de sobra!!

Paulasombra
Paulasombra - 08/07/2009 10:53

Ooooola outra vez a tod@s @s fans!! Moitas grazas de novo polos vosos piropos. A nós tamén nos gusta moito a nosa canción. A ver se gañamos! O que dicides do primeiro disco: ao mellor sacámolo dentro de pouco, vai ter cinco cancións en estudio e tres en directo, que imos gravar cun mp3 nun local de Vigo. Bicos e apertas, a mover o corpo que xa é veráaaaaannn!!!

miguelbr83
miguelbr83 - 15/07/2009 12:15

vin aqui por que había unha mensaxe no ghit de jabon blue, pero esto comercial...home tan comercial coma que teño cancions de melendi iguais que esto, e un estilo moi machacado, non me gusta.pero sorte.

yozarpin
yozarpin - 15/07/2009 12:46

Iros a hacer publicidad a casa de vuestra p*** madre... Dejar los comentarios para vuestra canción y dejad a los buenos grupos en paz.

lulinho
lulinho - 15/07/2009 12:35

Mi madriña... un disco de Paulasombra... I can't wait anymore!!!! Vades sortear invitacións para estar nese directo en Vigo?? Os fans teremos preferencia??

sirgulinho
sirgulinho - 15/07/2009 07:08

Como é possível tam poucos votos para o melhor tema do Apologhit nos últimos, polo menos, 8 ou 10 anos??? Isto dos votos nom terá trampa?

salzerda
salzerda - 20/07/2009 07:57

ke hostia pasa sose pode votar unha ves?? menuda putada pois este e un peaso de temaso!!

Paulasombra
Paulasombra - 23/07/2009 10:44

eeeei ola outra vez a tod@s @s fans!! que tal o verán?? moitas gracias polos vosos votos. si que podedes votar máis dunha vez, só teñen que ser días diferentes hehehe!!! melendi!!! si, mólanos moito melendi! aínda que intente imitar ao de La Cabra mecánica é moito mellor, e as súas letras son máis divertidas!! boeno, a ver se para de chover para ir á praia!! bikazos a tod@s!!!

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:23

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRÄQÄNS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

ReFuGaLlo
ReFuGaLlo - 01/08/2009 07:03

Esta cañera, grande o rollo Jazzero, Jazz en galego... podedes postear algun link se coñeces?¿

anaira
anaira - 02/08/2009 02:58

Moi boa, noraboa aos Paula_asombra! Que pringaos os de Ataque Escampe, que están picados con vós.. Iso é que vos teñen envexa:P A ver se gañades desta vez, un saúdo e a ver se nos vemos por Sárdoma, haha.. Tendes o meu voto! Unha aperta e a seguir patapúm palante :)

Paulasombra
Paulasombra - 04/08/2009 05:49

ooolaaaaaaaaaa!!!! :)))))) pois claro que tamén nos gusta o jazz, sobretodo desde que veu luchi! dámosche uns links, refugallo. mira, este é un tema lento pero moi moi bonito porque fala de que todo é perfecto, e a verdade non nos decatamos do felices que somos e máis que podemos ser... hai que valorar as pequenas cousas da vida!!! http://www.youtube.com/watch?v=vnRqYMTpXHc tamén é moi pero que moi riquiña norah jones. esta é unha canción tamén lenta pero que fala do bonito e do incomprensible que é o amor. aaai amoooor http://www.youtube.com/watch?v=vnRqYMTpXHc e este é o jazz que nos gusta, pero o jazz en galego non existe refugallo hehehe!!! ao mellor hai algo de luís queimada pero outros non coñecemos... anaira ou moito nos equivocamos ou ti es un/unha fan que coñecemos tomando o sol nas beiras do Sil. sóanos moito iso de patapum palante ; ) si hooooo hehehehe!!! ala, a seguir pasándoo ben e a votar, confiamos na democracia e sabemos que nos dará o que merecemos!!! bikazos a tod@s!!!!

arremecaghona
arremecaghona - 06/08/2009 03:02

Ei, temos ao En-Riquinho todo enfadado encerrado no faiado porque di que arrediós que ten que aprender a tocar o banjo. Unha aperta de Arremecághona's Produçións, e se a Virgin non vos quer sempre podedes fichar por nós!