Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
O que ten o verán (30)

O que ten o verán

por  Javier Ferreirós
Ref #30
Descargar 0 Votos 10 Fans  Enviar
O que ten o verán é unha canción que, con ritmo caloroso e brasileiro, fala das situacións propias do verán dende o punto de vista dun mozo que naceu e vive todo o ano nun pobo turístico da costa, e lembra veráns anteriores con certa nostalxia. Os músicos que a interpretan son: Javier Ferreirós, guitarra e voz; Fernando Peón, baixo; Tomás Ageitos, batería e percusión.

Letras

Estamos descalzos e aí ven o asfalto outra vez
pero non hai fallo, xa non nos miramos os pés
hai un brillo de xoia de plástico no teu ollar
e non me molesta se saio na súa postal

É simple, é sinxelo e por eso non hai que temer
que se enrede e complique para chegarse a entender
os pitos, as frautas, as caixas non sei onde están
o caso é que teñen sona noutro lugar

Ai meu sol, ai meu sol
non te vaias condenar

Carlota meniña da corda que medo me ten
cando di non me fío eu me río e non sei por que
fuxiu e nun feixe de luz foise agochar
e Carlota agora é garota e non quere lembrar

O mar que se fai con cristal faime perder
a tarde e a vida pasada que quere volver
e se se derriten os polos que imos criar
e cando chegue a mañá con quen imos cantar

Ai meu sol, ai meu sol
non te vaias condenar

E cando volte a túa nai
vas seguir a pensar nun baile máis

Hai quen ten un aquel especial para dicir que non
mellor non saber que existía que perder o don
esta pena está tan presente que empeza a pesar
pero non hai balanza e por iso se pode apartar

Esa tropa que pendula non cre no amencer
e ninguén os veu nunca con pinta de esmorecer
e agora que xa non é tempo dime onde están
eu quero irme con eles pero xa se van, xa se van

Ai meu sol, ai meu sol
non te vaias condenar

 Comentario(s)

chiqui
chiqui - 06/07/2009 02:03

hei,ai vaiche o primeiro voto,que veñan a riadas!!!

adriancm
adriancm - 06/07/2009 08:24

Jaurias y piaras de votos piquiñín!

maripeli
maripeli - 06/07/2009 10:26

Xa era hora de que un zurdo sacase o ghit do verán!

tasuco
tasuco - 06/07/2009 03:21

javieriño ahi che vai o meu voto(do mitico colega que non hay fallo) PD: Los dinosaurios cagaban de pie

Anarana
Anarana - 06/07/2009 06:29

Viva a na que te pariu!! Aver se ghanas algho que o mereces!

Tintxo
Tintxo - 06/07/2009 07:20

Esto si que un ghit Mr Danko Jones... Toda unha lecsión maxistral do zurdismo MariPeli, xa che collereir xa....por Jamaica ou onde sexa....diantres!

Tintxo
Tintxo - 06/07/2009 07:21

OÑO! la chiki chana de internet....mi má!

miguelbr83
miguelbr83 - 07/07/2009 11:01

moi bo rapaz seje asi, a traballar arreo en solitario sen que ninguen che dija como nen cando debes fase as cousas, ta de puta madre, moi bos os musicos.saudos dende a terra dos suaves

martinbombeiro
martinbombeiro - 14/07/2009 05:38

é o bob dylan de jalisia, ese ferreiros. Un saludo de outro zurdo. Rariños de man ó poder!!!

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:28

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRÄQÄNS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA