Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Liridade noctámbula (34)

Liridade noctámbula

por  Liridade noctámbula
Ref #34
Descargar 0 Votos 0 Fans  Enviar
Liridade Noctámbula é un grupo nado en Compostela. Presenta temas de autor orquestados por músicos de diferentes partes do mundo; Rio de Janeiro, Madrid, Barcelona, Granada, Sevilla, Cádiz deron lugar a cinco cortes que foron autoeditados baixo o nome de "fin do primeiro acto". O lugar de gravación foi Granada, cidade que lle deu cor a unha música de raíz galega pero cun sen fin de variantes propias da mestizaxe. De volta a Compostela, Liridade Noctámbula participa no Festival Musicaxove 2009 acadando o primeiro premio da sección "Outras Músicas". Tamén formou parte da programación das Festas da Ascensión e sonou cos Delinqüentes onde recibiu unha moi boa crítica.

O tema que presenta leva por título o mesmo nome da banda. Inspirado nun poema de Manuel Antonio, intenta transmitir as sensacións dun home que se deixa seducir pola noite de Compostela e móstranos a visión subxectiva da cidade. Coa chuvia de fondo atopámonos coa bossa nova e o posterior swing que lle dan moitísima calor ao tema.

Letras

 Comentario(s)

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:30

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRÄQÄNS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA