Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
A infancia (47)

A infancia

por  Kastomä
Ref #47
Descargar 0 Votos 17 Fans  Enviar
Coa mesma ilusión e ledicia que teñen os nenos ó sair da escola, o grupo de Ordes Kastomä preséntase a este concurso da canción galega do verán “Apologhit09”, con un video inédito que fai a súa presentación a xeito de primicia en este certame. O vídeo chámase “A Infancia” canción que pertence ó ultimo disco de Kastomä: “Almas da Noite”.

A Infancia non ten nada de chiringuito, la booomba nin de opá pero ben podería reflectir unha tarde de verán de calquera neno da Galicia rural: escoitando os contos da avoa, inspeccionando os pendellos, arrolándose polos prados, atravesando corredoiras, enchéndose de lama ata as orellas, xogando a ser artista… en fin, ¿quen non fixo iso cando era pequeno? Este vídeo recolle as lembranzas dun día de fin de curso e inicio do verán, narrado dende a perspectiva da Infancia de Kastomä.

Letras

Ando na procura de un camiño sideral,
Dun reloxo que che conte cara atras para atopar
Un tallo arredor do lume e poñerme a escoitar

Contos da santa compaña, da vella de negro,
Non xogues co lume que vas a encirra-lo demo.

Non hai modo de abrir a cancela do pendello
Donde fican enclaustrados dende que eu era pequeno
As labazas do pasado que ninguen pode arrincar


Contos da santa compaña, da vella de negro,
Non xogues co lume que vas a encirra-lo demo.

Quero regresar a infancia a buscar
Esa emocion que completa a situacion existencial
Poñome sentimental

A morriña sen paixon vai de man coa tristura
Pola corredoira abaixo chega a lama ata a cintura

 Comentario(s)

Riominho
Riominho - 26/07/2009 07:23

Gustoume moito o vídeo, é mítico!

galego21
galego21 - 27/07/2009 08:49

Traballan ben estes de kastomá. Parabéns.

MariaPantojo
MariaPantojo - 27/07/2009 02:34

Carabirubi..... !!!! que polo meu voto non sexa, je,je,je !!!!! Bikos !!

ekimus
ekimus - 27/07/2009 10:25

ahi ahi... outro voto máis, ke non se dija...

MartaLugo
MartaLugo - 28/07/2009 10:03

Ahi estamos con la Pantojo !!! Suerte !!

TaniaLugo
TaniaLugo - 28/07/2009 10:14

O video gustounos moito !!! Ainda nos votamos unhas risas !! Saudos !!

Matogende
Matogende - 28/07/2009 09:37

Noraboa rapaces!!!!!! Está guapísimo.... ¡¡¡Qué nostalxia!!!! Sorte..

areosom
areosom - 29/07/2009 03:51

sorte!!!!

festiseco
festiseco - 29/07/2009 04:36

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRÄQÄNS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

turboneghro
turboneghro - 30/07/2009 02:35

moi bó o video, parabéns!

lo_keno
lo_keno - 01/08/2009 01:15

moi boa, cma sempre! parabéns!!

pachangueira
pachangueira - 01/08/2009 05:33

o vídeo está xenial... e o ben que o debestes pasar facéndoo, jajaja!

Abbel
Abbel - 06/08/2009 11:09

Sorte !!!!

labazadas
labazadas - 06/08/2009 01:00

Moi bo o tema! saúdos de LABAZADA e un voto pra vos.

m8Joe
m8Joe - 07/08/2009 09:19

parabens chavalotes..moita sorte e a Brincar!!!!

m8Joe
m8Joe - 07/08/2009 09:19

O meu voto xo tedes....