Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
A terra das mil festas (48)

A terra das mil festas

por  The Chiquitas
Ref #48
Descargar 0 Votos 16 Fans  Enviar
Somos un territorio único no mundo. Temos un idioma propio, un xeito particular de asentarnos na terra, contestamos preguntando, estamos espallados por todo o planeta e temos a maior concentración de festas populares e gastronómicas por metro cadrado do Universo. Misturamos música, viño e comida como ninguén, levamos no noso código xenético a verbena e podemos presumir de ter as mellores orquestras. Para os galegos e galegas as festas gastronómicas son moito máis que simples exaltacións culinarias; son tradición, folclore, punto de encontro e revolución cultural. Carne, peixe, marisco, verdura, ... Canto máis aperta a calor, máis enchemos o bandullo. Nesta terra pasouse moita fame, pode ser por iso que nas nosa festas populares cómese, bébese, cómese, báilase e vólvese a comer, e non ficamos ledos se non sobra comida para toda a semana. Cada cidade, vila, parroquia e lugar de Galicia, desde A Guarda até Ribadeo, de Vilardevós a Cariño, ten a súa festa gastronómica; e un produto, propio ou foráneo, ao que render sacro tributo e etílica devoción. É por todo isto (e aínda máis) que The Chiquitas queren facer canción do verán este tema sobre o noso feito antropolóxico máis primitivo: xuntarse para comer. Nestes tempos disque de recesión e crises económicas, Galicia enteira bailará este verán o A Polo Ghit das Festas Gastronómicas. The Chiquitas: Sexo, Viño e Colesterol.

Letras

DO CHOURIZO EN ORTOÑO
NA ESTRADA O SALMÓN
A LAMPREA EN CESURES
EN CUNTIS O LACÓN

EN FOZ O BERBERECHO
O BUTELO EN FONSAGRADA
A FILLOA EN LESTEDO
A PAELLA EN CORTEGADA

A EMPANADA NA BANDEIRA
EN MUXÍA O LONGUEIRÓN
OS CALLOS EN COVELO
DO MARISCO EN MAÑÓN

DO CALDO EN MOURENTE
DA OSTRA EN ARCADE
FESTA RACHADA
GALICIA CALIDADE

QUE DIN OS RUMOROSOS,
OS TOXOS E AS XESTAS?
SITIO DISTINTO
A TERRA DAS MIL FESTAS

PAÍS DE CHURRASCO,
VIÑO E ORQUESTRAS,
ÍNCALLE O DENTE
Á TERRA DAS MIL FESTAS

DO XAMÓN NA CAÑIZA
DA SIDRA EN MARÍN
DO CONGRO EN MUXÍA
EN CERDEDO O XABARÍN

DA RAIA EN PORTONOVO
DO COCIDO EN CEE
BAILACHES CAROLINA?
BAILEI ABOFÉ

DA LAGOSTA NA GUARDA
DO CABRITO EN VILARIÑO
DO GRELO NAS PONTES
EN CHANTADA DO VIÑO

DO CHOCO EN REDONDELA
DO PEMENTO EN ARNOIA
PHILADELPHIA, PANORAMA
E PARÍS DE NOIA

QUE DIN OS RUMOROSOS,
OS TOXOS E AS XESTAS?
COSTA VERDECENTE
TERRA DAS MIL FESTAS

PAÍS DE CHURRASCO,
VIÑO E ORQUESTRAS,
ÍNCALLE O DENTE
Á TERRA DAS MIL FESTAS

NESTE VERÁN
DE CRISE ECONÓMICA
BAILA O APOLO GHIT
DA FESTA GASTRONÓMICA

QUE DIN OS RUMOROSOS,
OS TOXOS E AS XESTAS?
SITIO DISTINTO
A TERRA DAS MIL FESTAS

PAÍS DE CHURRASCO,
VIÑO E ORQUESTRAS,
ÍNCALLE O DENTE
Á TERRA DAS MIL FESTAS

 Comentario(s)

malhaxa
malhaxa - 25/07/2009 11:46

A gravación é un pouco cutre, pero ten marcha. Polo de agora, das minhas favotitas... Sexo, vinho e colesterol!!!

mim
mim - 26/07/2009 06:14

vais de chachis y no llegais ni a guays.

pucelano
pucelano - 27/07/2009 10:59

bastante caseiro, podia estar mellor...

festiseco
festiseco - 27/07/2009 09:19

FESTIVAL DE MUSICA EN VILASECO, NO CONCELLO DE O BOLO ( OURENSE) O SABADO 8 DE AGOSTO, MOITO VIÑO E CERVEXA ACOMPAÑADOS DE XOGOS POPULARES ( bolos celtas, a chave, a rá ) E POLA NOITE DISFRUTA COS SONS DE ULTRACANS E OS CUCHUFELLOS, E SE QUEDAS REVENTADO QUEDATE A DURMIR NA NOSA ZONA DE ACAMPADA

Funkalbi
Funkalbi - 30/07/2009 01:07

Este tema da unha fame neghra!!

refaixo
refaixo - 30/07/2009 02:25

min non cheran a chachis pero estou seguro de que gañaran logo de que sexa asi xa te verei escoitandoa seguido dacoro, espero que sexa asi ala un bico , sorte compañeiros the chiquitas ainda que non se poida gañar dacordo min invitado quedas

padre
padre - 02/08/2009 10:08

jajaj... lume... que boa a letra. ánimo mozos. haí tedes o meu voto

pescadilla
pescadilla - 05/08/2009 10:26

votado corRectameNte

padre
padre - 14/08/2009 06:32

eiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiiii que pasou cos votos????? mecajonoleite!!!! que pasou? e agora non podo votar porqueeeeeeeeeeeeeeeeeee????