Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Romance incompleto (51)

Romance incompleto

por  Dsskartes Band
Ref #51
Descargar 0 Votos 2 Fans  Enviar
Dsskartes Band é unha banda formada en Ponteareas con compoñentes procedentes de Mondariz, Vilasobroso, Xinzo, Guláns... É dicir, un grupo do Condado. Este tema, 'Romance incompleto (Fuco Pérez)' é un poema de Celso Emilio Ferreiro adicado a un veciño de Gargamala (aldea pertencente a Mondariz) teimoso e inconformista. É a nosa homenaxe particular a este gran poeta.

Letras

Fuco Pérez sin segundo,
veciño de Gargamala,
viudo, maior de idade,
propietario dunha cabra
e dun terrón que produce
cinco ducias de patacas.
Fuco Pérez sin segundo,
furibundo iconoclasta,
pai dun neno engaranido
chantado diante a cabana.
Por teimoso inconformista
téñente fichado os gardas;
por herexe e descreído
póñenche a figa as beatas.
Fuco Pérez sin segundo
ninguén sabe o que che pasa.
Teso o día, tes a noite,
tes os paxaros da ialba,
tes as estrelas do ceo,
tes as rúas i as estradas.
Fuco Pérez sin segundo
¿qué che falta?...

 Comentario(s)

alumete1
alumete1 - 01/08/2009 12:14

ke pasa veciñoooosss¡¡¡ e un pracer inaugurar o voso marcador e ser o voso primer fan jajaja unha aperta e que axa sorte.

CAGACHELA
CAGACHELA - 03/08/2009 12:47

creo que vou vomitar... hai que fumar menos porros

SERBAS
SERBAS - 03/08/2009 07:24

un saludo a deskartes,e adiantee

Mixigodo
Mixigodo - 05/08/2009 11:52

Mola, xa tedes outro voto, o meu ^^

Dsskartesband
Dsskartesband - 09/08/2009 01:00

Hola amigos e inimigos. Esta canción ben gravada é un hit con todas as da lei o que pasa é que non temos cartos para gravar; se algunha productora ou estudio se ofrece, nós encantados. Cagachela se vas a vomitar procura non botar por fóra; e se manchas polo menos límpao non sexas porco bravú. Deberías de aprender dos demáis e ter unha pinga da humildade que se ve por estes lares, así non vas a ningures. Ademáis nós temos case todos o título do conservatorio, e podemos chamarnos músicos con maiúsculas ¿e ti?. ¡Hai que estudiar colega! Que tocar un instrumento non é cousa dun ano ou dous senón de 10 ou 15 anos como a maioría de nós levamos tocando cadanseu instrumento. Un saúdo.

dubi
dubi - 13/08/2009 04:07

Canción editada tamén por Balakandra: www.myspace.com/balakandra

Dsskartesband
Dsskartesband - 13/08/2009 05:25

Sí e Fuxan os ventos tamén pero a canción non... senón a poesía que nós non plaxiamos