Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Cançión popop (55)

Cançión popop

por  En-Riquinho
Ref #55
Descargar 0 Votos 31 Fans  Enviar
En 2009 O Leo i Arremecághona! separouse. Isto era a primeira vez que lle pasaba a un cantautor, así que non se sabía como ía ser o choio. Agora xa o sabemos: separouse por esporas montando unha produtora (coma todos os músicos galegos cando fan os trinta), Arremecághona's Produçións. Coma todos os negocios en Galiza, este tamén é unha empresa familiar, para lle dar choio a seu pai, O Leo de Matamá (cantautor dos 70 nacional-popular), O Leo i Arremecághona! (anarcopunk), seu fillo O Leíño (rapeiro antiglobalización-botellón) e o En-Riquinho, seu irmán, (apolítico de esquerdas) que estivo zarrado no faiado da casa familiar até os 33 porque se avergoñaban del porque era pigho. Agora sácano á luz para ver se pega o pelotazo pop, comezando polo Apologhit 09, e os saca a todos de pobres.A banda son sampleos de percusión tradicional executada por Ghumersindo e Ghumersinda (Arremecághona!) e cortados e apegados, mesturados e producidos por Mou (Dios ke te Crew) nos estudios itinerantes Rapapoulo Producións de Ordes.

Letras

  • Bueno, entonçes que?
  • Pois por aquí
  • Ai, non me dighas?
  • Digho, si
  • E ti que tal?
  • Pois, coma sempre

  • Aínda vou safando
  • Coma min
  • Hai que irlle indo
  • Aí, aí
  • E logho, entón?
  • Pois, coma quen que

E tumba que dálle e tal e cual pim pam, pim pam e dálle inda outra volta
E volta que dálle e vai, e nun tris tras, plis plas e punto. punto e coma...
Lalalalalá... como mola
  • Vaia, e logho que?
  • Que pensas ti?
  • Que penso eu?
  • Que si. Non si?
  • Hasta che pode ser que sea

  • Había que aquelar...
  • O que?
  • O aquel
  • O de acolá?
  • Boh, que sei eu... o asunto, o choio, a cousa, o tema

[Refrán]
Lalalalalá... quinindiola
[Solo]
  • E quen o di? Dilo ti?
  • Pois si
  • Quita de aí!
  • Are you talkin' to me?
  • De que? De que?
  • Que pa? Que pa?
  • Ui... vamos andar mal xa de antes de empezar

  • Boh, pois nin pa ti nin para min, tampouco vamos discutir
  • Pois é verdade, aí falaches

  • Ben, quedamos niso
  • Queda así
  • Ta lo', pois chau, pois deica, si
  • Marcho que teño que marchare, que teño que ir a...

Lalalalalá... façendo a ola!
[Refrán]
... quen que aí o vai  

 Comentario(s)

gz_livre
gz_livre - 01/08/2009 12:14

És o melhor, o puto amo! Um saúdo dum fan teu do Freixo!

Mixigodo
Mixigodo - 02/08/2009 09:41

A min gústame ben máis a versión en directo, pero xenial igualmente. Gran cantautor separado facendo pop jajaja

CAGACHELA
CAGACHELA - 03/08/2009 12:58

sen comentarios

Ghomito
Ghomito - 03/08/2009 03:41

Tou namorado desa porca lingua... dun fan teu de Navia!

Paulasombra
Paulasombra - 04/08/2009 06:21

oooolaaaaaaaa enriquinho!!!!! mola moito a canción!!! sobre todo o retrouso!! onte iámolo cantaruxando no coche de rudi camiño de samil! hoxe non podemos votar por ti porque xa votamos por nós mesmos. pero mañá tes o noso voto!! 1 bikazo, e que quedes de segundo!!!!!!

Franl
Franl - 08/08/2009 01:04

ENORME, LEO. LEO FLIPO LAOXTIA.

rubenmos
rubenmos - 12/08/2009 12:46

Pois vaia, xa temos gañador desta edición.

rabal
rabal - 12/08/2009 08:06

xenial..non entendo tan poucos votos

Queimacasas
Queimacasas - 14/08/2009 12:43

Leo o mellor!!, un palé de votos dende o Antros Pinos de Taraghonha!!