Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Craig Patterson


Craig Patterson

É profesor titular de filoloxía galega e hispánica da Universidade de Cardiff, Gales. Previamente, foi director do Centro Escocés de Estudos Galegos que ten o seu berce na Universidade de Stirling. Previamente, licenciouse en Estudos Hispánicos na Universidade de Birmingham (Reino Unido) en 1996, e no 2002 doutorouse na Universidade de Oxford coa tese titulada A identidade cultural galega nas obras de don Ramón Otero Pedrayo (1888 – 1976). (Mellen, 2006).

Os seus intereses académicos abranguen a historia intelectual dos séculos dezanove e vinte no estado español e a literatura e cultura galegas, especialmente no tocante á historia das ideas e a identidade cultural galega, alén da tradución da nosa literatura ao inglés. Nestes momentos está a preparar a versión inglesa de Sempre en Galiza.