Vieiros

A polo ghit 10

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 09
votos
Árdeme o eixe

Árdeme o eixe

por  Carrero Bianco
Descargar 0 Votos Enviar
"Ardeme o eixe: Canción rural-porno-espacial de toques tecnofuturistas, dende Xil Ríos ao espacio interestelar, que trata de quenturas insatisfeitas e sentimentos encontrados. Aventuras sexuais moceando dende o palleiro e lanzada ao espacio exterior. Sempre é a mesma historia, dende o rural profundo ata o recuncho mais afastado da Galaxia".

Así nos presentan a xente de 'Carrero Bianco' esta súa peza. Con menos dun ano de vida os Carrero Bianco lanzáronse a tocar e facer cousas entre o naif e o metafísico para superar todas as crises sen deixar de bailar... xa tocaron con grupazos coma T.A.B ou Tarántula, ou o Festival do norte 2010, ademais de ser ben recibidos no fogar dos Franc3s.... "o seu reino non e deste mundo".

Un cuarteto este, Carrero Bianco, que xunta unha "irresistíbel" electro-tamborileira, cun membro fundador dos 'Triángulo de amor bizarro' e un "neno prodixio" que liderou os 'Bonitos del norte' a finais dos oitenta. Completa a ecuación do "pop perfecto" un dj emblemático do activismo indie galego "aqueixado pola febre dos sintetizadores vintage". Carrero Bianco son: Rocío Bianco (batería electrónica e voces), Blas Bianco (baixo e voces), Joaquín Bianco (guitarra, microkorg, voces), Agostinho Bianco (teclados varios e microkorg)

Letras

¡Jei!...muller
¡ah!¡ah!
¡Jei!...chuchamel
!Ah!...eres millo
¡Oh! ¡Oh!
que eu...vou moer ¡eh!...
 
...e xirarei como a roda, 
xirarei e xirarei,
como a roda do muiño, xirarei...

¡Ah!...muller, ai, ai..perdín o eixe,
¡Ah!...muller, ai, ai...árdeme o eixe, ¡eh!
...e xirarei como a roda, 
xirarei e xirarei,
como a roda do muiño, xirarei...
 
¡jei, jei!
¡jei, jei!
 
over and over again...

 Comentario(s)

GustavoHarvey
GustavoHarvey - 03/06/2010 12:14

Gustaríame saber porque di que xa votei por esta canción cando ten cero votos...

boyelliott
boyelliott - 03/06/2010 09:50

arriba!!!

fonsodc
fonsodc - 05/06/2010 10:00

jei, jei!

OscarQuant
OscarQuant - 05/06/2010 01:34

A min tamén ardeme o eixe!!!!!

dalearden
dalearden - 21/06/2010 10:11

in flames!!!!!!!

O-APALPADOR
O-APALPADOR - 02/07/2010 11:15

Boa, e merece un empuxe!!