Vieiros

Vieiros de meu Perfil


GZ-Deportiva

Xestionado por Vieiros
RSS de GZ-Deportiva
Polos incidentes no Galiza-Ecuador

Procesan un membro de Siareir@s

Diego Bernal, membro de Siareir@s Galeg@s declara este martes como imputado polos danos provocados nas horas previas do partido Galiza-Ecuador, disputado o pasado decembro na Coruña.

Redacción - 12:23 15/05/2007
Imaxe da manifestación previa ao encontro Galiza-Ecuador

Imaxe da manifestación previa ao encontro Galiza-Ecuador

A asemblea de Siareir@s quere lembrar que naquela altura a polícia interviu "violentamente e de forma inxustificada no curso da manifestación nacional convocada polo seu colectivo baixo o lema Galiza, mais do que um jogo, ao seu paso por diante da xigante bandeira española Paseo do Orzán", lugar polo que a manifestación foi desviada pola Delegación do Goberno español.

O colectivo denuncia a manipulación dos feitos e di que o xuízo que se celebra hoxe na Coruña é intento de culpabilizar ao seu compañeiro, em palabras da asemblea, "simplemente por ter participado nunha rolda de prensa e ter asinado un artigo de opinión denunciando os feitos".

O martes de mañá, ás 9 h., estaba convocada unha concentración de apoio ao siareiro coruñés nas portas do Xulgado na Coruña.


5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: