Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
FALABARATO

Nace o primeiro podcast galego sobre economía

O falangullo creado por Ghanito súmase á cada vez máis ampla comunidade de PodGalego.

Redacción - 14:10 24/11/2008

O mundo dos podcasts en galego está a vivir o seu particular rexurdimento este outono. Ás novas propostas, como Tecnívoros, súmase, desta volta, o primeiro falangullo especializado en economía na nosa lingua: Falabarato. O seu autor, un experto nestes temas, é Ghanito, coñecido tamén na súa vertente de blogueiro con Apocalipse do porco.

Falabarato xa leva dúas edicións: unha primeira sobre a crise económica e unha segunda que explica o significado dunhas misteriosas siglas: T.A.E. Outra novidade, ou mais ben retorno, é o do programa Radio Oceánica, de Radio Galega Música, que na súa nova etapa, presentado por Sak, volve publicar na rede os seus contidos semanais.

Toda a actualidade dos podcasts galegos pódese seguir a través de PodGalego, o portal e directorio de falangullos.


5/5 (4 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: