Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Esta sexta feira

A Audiencia Nacional decide tirarlle as competencias a Garzón, pero apoia o traslado do caso aos Xulgados Provinciais

O recurso aprobouse con 14 votos a favor e tres en contra. Porén, se os Xulgados Territoriais o deciden, poderase seguir coa apertura de foxas.

Redacción - 17:36 28/11/2008
O xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón

O xuíz da Audiencia Nacional, Baltasar Garzón

O Pleno da Sala do Penal da Audiencia Nacional declarou, por 14 votos a favor e tres en contra, que o xuíz Baltasar Garzón non é competente para investigar os crimes da Guerra Civil e o franquismo. Porén, os maxistrados que compoñen este órgano apoiaron a decisión do xuíz de pasárllela causa aos Xulgados de Instrución Territoriais.

Os 17 maxistrados da Sala resolveron, deste xeito, máis de catro horas de xuntanza, declarándose a favor do recurso que presentara o fiscal xefe da Audiencia, Javier Zaragoza, contra a decisión que adoptara Garzón o pasado 16 de outubro de declararse a si mesmo competente para investigar estes feitos, unha vez admitiu a trámite as denuncias das Asociacións pola Memoria Histórica. Antes de inhibirse, o maxistrado xa tiña ordenado a apertura de 19 foxas comúns, e procesara a Franco e a varios altos cargos da ditadura por "delito contra Altos Organismos da Nación e a forma de Goberno", nun contorno de crimes contra a humanidade.

Porén, o Pleno rexeitou o delito contra Altos Organismos da Nación, xa que non existía como tipo penal no momento no que se produciron os feitos. Os 14 maxistrados acrecentan, ademais, que dada a condición das persoas ás que se lle poderían imputar as desaparicións -membros de goberno franquistas-, a súa responsabilidade nestes feitos correspondería ao Tribunal Supremo.

A investigación debe continuar

A pesar desta declaración, este órgano da Audiencia Nacional non declarou a nulidade das actuacións adoptadas polo xuíz dende o momento en que admitiu a trámote as denuncias, e defende que a investigación debe continuar, xa que os delitos de detención ilegal, sen dar razón do paradeiro, seguen aínda vixentes. É dicir, que o Pleno deixou a salvo o contido do auto que Garzón publicou o pasado día 18 de novembro, no que remitía a causa aos Xulgados territoriais, os das provincias nas que estean situadas as foxas comúns localizadas até o momento polas Asociación de Recuperación da Memoria Histórica.

Poderase continuar coas exhumacións
En canto á orde de paralizar as exhumacións autorizadas até o momento por Garzón, a Sala rexeitou os recursos presentados polas asociacións, que pedían o levantamento deste medida cautelar. Non obstante, dado que os maxistrados decidiron non anular a inhibición de Baltar Garzón, estas asociacións poderían continuar demandando a apertura de novas foxas, e o xuíz poderá trasladarlle estes pedimentos aos Xulgados aos que corresponda.

Os xuíces non contemplaron a petición realizada pola neta do xe presidente do goberno da II República, Juan Negrín para que os 10 maxistrados que acordaran paralizar a apertura de foxas, se abstivesen na tramitación do incidente de competencia, ao considerar que esta medida debía ser adoptada por cada un dos xuíces por iniciativa propia.

O auto, que non pode recorrerse, nin ante o Supremo, será redactado nos vindeiros días, e darase a coñecer a vindeira cuarta feira, 3 de decembro.


4.5/5 (2 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: