Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Máis Alá

Xestionado por Vieiros
RSS de Máis Alá
PRESENTADO EN FITUR

O cartaz de Ortigueira 2009 homenaxea a historia do festival

O autor e Álvaro Fernández Polo, que xa realizou os carteis de seis das edicións.

Redacción - 11:05 03/02/2009

O Concello de Ortigueira presentou a semana pasada no stand de Turgalicia en FITUR a imaxe do Festival Ortigueira 2009. O cartel, que se utilizará nas campañas de publicidade da vindeira edición do certame, propón unha mirada retrospectiva cara ás primeiras edicións, recuperando tamén o reclamo do Mundo Celta.

O deseño pertence a unha figura moi vinculada ás orixes do festival e autor de ata seis dos carteis anteriores como é Álvaro Fernández Polo. A súa nova proposta marca distancias cos afiches máis recentes do evento para propor, segundo apunta, "unha especie de mirada retrospectiva" da cita folk.

Explica Fernández Polo que o cartel do 2009 homenaxea aos de etapas anteriores. De feito, reproduce en parte o da primeira edición e o de 1998 (segunda época do festival, tralo parón sufrido entre 1988 e 1995). A estampa do 2009 mira aos comezos, situando en primeiro plano á Escola de Gaitas de Ortigueira, agrupación fundadora do certame no ano 1978 e recupera o histórico nome de "Festival do Mundo celta".


4.33/5 (6 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: