Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Logo do proceso aberto no partido

Mar Barcón espera continuar á fronte da Secretaría de Organización do PSdeG

A deputada socialista electa é optimista a medio prazo e ve a militancia "ilusionada e disposta".

Redacción - 17:00 19/03/2009

"A Secretaría de Organización é un traballo moi bonito no que se coñece en profundidade o traballo das agrupacións", expresou a responsábel de Organización da actual xestora do PSdeG-PSOE, Mar Barcón, nunha entrevista publicada na propia web da formación. Ao fío, Barcón recoñeceu que lle gustaría seguir desempeñando ese labor no futuro.

A que foi secretaria de Organización do partido desde o último congreso da formación, celebrado o pasado verán, avanzou que a próxima semana comezarán as reunións para o deseño de tarefas do grupo parlamentario socialista. "Non haberá moita dificultade para encontrar unha estrutura que permita facer un labor de oposición rigoroso e responsábel", comentou, asegurando que se combinará experiencia con confianza en novas caras. Do mesmo xeito, subliñou como obxectivo principal controlar que o PP "non dea nin un paso atrás nos dereitos acadados durante os últimos catro anos grazas ao Goberno de Emilio Pérez Touriño".

Por outro lado, afirmou Mar Barcón ver a militancia socialista en Galiza recuperada da perda do poder na Xunta e "ilusionada e disposta a traballar para mellorar o benestar da cidadanía". Ao respecto do proceso aberto, e avaliando de paso a repercusión do debate na propia internet, en bitácoras e redes sociais, expresou a súa convicción de que "as ideas, o debate, sexan cales sexan as canles, sempre son boas, mentres se respecte os compañeiros e a intención sexa construír, sumar".


3.33/5 (3 votos)

Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: