Vieiros

Vieiros de meu Perfil


XGN08

A festa galega da informática xa está en marcha

Dende que se abriron as portas do Palacio de Congresos e Exposicións de Compostela, ás dez da mañá, unha multitude de fanáticos da informática foi enchendo as 1.500 prazas dispoñíbeis. Temos preparado un especial para non perder detalle.

Redacción - 20:45 14/03/2008
Tags: xgn2008

Arrancou, así, a maior concentración de terabytes de información do país. Compartir arquivos, xogar en liña e participar nas actividades previstas, ademais de quedar cos amigos e coñecer xente nova, son as principais motivacións da mocidade que participa. E, aínda que cada vez hai máis mozas entre o público, seguen a ser unha minoría. Este é o relato en imaxes do arranque desta aventura.


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: