Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil


A gala homenaxe ao Zeca Afonso

Redacción - 26/04/2007 14:00 - 453 visitas

Na caixa de correo atopamos esta mensaxe que asina Malfalada:

"Estimados señores e señoras:
Paréceme indignante que un servizo público como ese considere aos seus telespectadores ignorantes, analfabetos ou, simplemente, parvos.

A que veu iso de SUBTITULAR aos interlocutores dos vídeos da "gala" cando falaban en portugués?
Acaso non saben que o galego e o portugués son variedades dun mesmo diasistema lingüístico? Acaso na TVE subtitulan aos andaluces ou ás arxentinas?

E, o que é aínda máis grave, por que utilizaron PÉSIMAS (cando non directamente FALSEADAS) traducións ao galego para eses subtítulos?
Por exemplo:
- PT (Zeca Afonso): "às 7 horas" (hora aprox. do inicio da "Revolução dos cravos")> GL: "contra as 3" (???!!!)
- PT: "deve-se"; GL: "débelo"
- E o colmo, xa directamente en castelán, o título de unha das pezas interpretadas: "Entre Sodoma y Gomorra".

Como galega e como contribuínte agradecería unha explicación.

POR OUTRA BANDA: parabéns polo programa e pola iniciativa!

Saúdos
".


Comentarios (7)

Xeonllo #1 27/Abril/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu quixera comentar sobre a gala de homenaxe a Zeca Afonso na TVG e na RTP, que polo menos no que se viu en Galiza houbo un erro ao final cando se cantou colectivamente "Grândola, vila morena", porque se comeron dúas estrofas. É unha mágoa.

Por outra banda, o presentador galego, Carlos Blanco, considero que estivo ben, aínda que se referiu non lembro ben a que, mais dixo "roxo" ou "roxa" por "vermello" ou "vermella", cousas que deben evitarse. En galego, "roxo" non é o mesmo que "vermello". A traducción castelá de "rojo" é en galego "vermello".

De todas formas, moi positivo o feito da homenaxe ao Zeca, que non se tería feito, e realmente nunca se fixera, co goberno anterior da dereita reaccionaria en Galiza.

Barcelos #2 27/Abril/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Ás veces en TVE española subtitúlase porque se oe mal ao que fala. Tamén se pode subtitular para que poidan entender os xordos. Outra cousa é que subtitulen mal. Aí non me meto. E tí porque che fas chamar Malfalada? Non serás Mafalda? Por pouco che indignas. Coidadiño coa tensión.

Xeonllo #3 28/Abril/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu penso que cando se fala en portugués nada se ten que subtitular na televisión galega. E se é necesario subtitular para xordos ou porque non se oia ben, o que é elemental é que eses subtítulos sexan sempre no idioma galego ou portugués, e non traducido ao castelán.

Saúdos.

Xeonllo #4 28/Abril/2007 Xeonllo
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

E no caso dos xordos, se por eles hai que subtitular, entón habería que subtitular sempre, e tanto na TVG como en calquera outra televisión. Coido que non hai desculpa para subtitular o que di alguén en portugués, e de feito non se acostumaba facer. Iso non se fai tampouco cos que están a falar en castelán.

Fer #5 28/Abril/2007 Fer
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Bom, se os senhores da TVG querem fazer o ridículo... é cousa deles, nom?

Barcelos #6 28/Abril/2007 Barcelos
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Como que facer o ridículo? Aquí o que se pide é a pena de morte para o culpable. Á puta rúa como a filla de Pemán.

eugeniote #7 30/Abril/2007 eugeniote
[Valora este comentario Positivo 0 Negativo]

Eu seria até partidário de legendas, mas sempre que fossem para facilitar a compreensão das palavras que se dizem. Mas não vejo onde está a lógica de estar a ouvir claramente "apela no sentido de se recolherem nas suas casas" e ler "pide que se resguarden nas súas moradas". Já não lembro se as palavras eram exactamente essas, mas algo assim foi. Um pouco ridículo, a verdade...

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:





Locais:
GZ-Sete