ostresdoeixo

Vieiros

Vieiros de meu Perfil


19:30 09/02/2010 / DESPRAZAMENTOS

O uso do transporte público descendeu no ano 2009

Con todo, en Galiza o descenso no uso do autobús urbano caeu un 1,8% fronte ao 2,9% que se rexistrou no conxunto do Estado.


19:10 09/02/2010 / EN PONTEVEDRA E VIGO

Outro paso adiante cara ao financiamento privado da sanidade

O Consello da Xunta anulará oficialmente a ampliación do hospital de Montecelo. Mentres, colectivos de Vigo chaman a manifestarse pola xestión pública.


Magín Blanco chimpa á literatura infantil con 'A nena e o grilo'
18:55 09/02/2010 / Libro-CD de OQO editora

Magín Blanco chimpa á literatura infantil con 'A nena e o grilo'

Producido na parte musical por Uxía e ilustrado por Iván Prieto, conta coa colaboración de varios compositores.


17:30 09/02/2010 / DIVISIÓN DE OPINIÓNS

Reaccións dos partidos con representación parlamentaria ao recurso

O BNG cualifica a decisión do goberno español de inconstitucional, o PSdeG non desbota a fusión e o PPdeG tacha o recurso de "inxustiza".


Abel Caballero augura unha gran manifestación en contra da fusión e carga contra o BNG
17:00 09/02/2010 / Lei de Caixas

Caballero augura unha gran manifestación e carga contra o BNG

O PP acusa o alcalde de "ameazar" clubs deportivos e este di que "as coaccións están a ser ao revés" e culpa o BNG.



13:45 09/02/2010 / SINATURA DUN CONVENIO

A Coruña ofrecerá traballos sociais como alternativa ás penas de tráfico

A falta substitutiva, que require o consentimento do acusado, obriga a prestar cooperación non retribuída en actividades de utilidade pública.


13:35 09/02/2010 / Asínase este martes

Acordo na negociación colectiva: os salarios ficarán como estaban

Comisións Obreiras, UXT e patronal pactan unha suba salarial dun 1% para este ano, malia que a previsión é que o IPC sexa do 1,1%. A CIG considera o incremento ridículo e alerta da perda de capacidade adquisitiva.


Luz verde á Lei Ómnibus co voto negativo do BNG, que pedía blindar as condicións laborais
13:20 09/02/2010 / Pleno do Parlamento, este martes

Luz verde á Lei Ómnibus co 'Non' do BNG, que pedía blindar as condicións laborais e garantir deberes lingüísticos

PPdeG e PSdeG aceptan en parte unha proposta dos nacionalistas, polo que se recollerá o dereito a ser atendido en galego.


O incremento de competencias para Gales, en xogo na Asemblea Nacional
11:45 09/02/2010 / Recollido no acordo de goberno

O incremento de competencias para Gales, en xogo na Asemblea Nacional

Está previsto que os deputados aproben este martes a iniciativa de convocar un referendo antes das eleccións, tal e como se comprometeran laboristas e nacionalistas.


11:15 09/02/2010 / XORNADAS

Cinco lustros educando para a paz

Na segunda semana de marzo, Compostela acollerá unhas xornadas que reflexionarán sobre os “Dereitos e responsabilidades de nenas, nenos e adolescentes”.


O Goberno bolivariano emite bonos de débeda pública
10:58 09/02/2010 / SEGUNDO ANUNCIO DO MINISTRO DE PLANIFICACIÓN E FINANZAS

O Goberno bolivariano emite bonos de débeda pública

O ministro do Poder Popular para a Planificación e Finanzas, Jorge Giordani, anunciou o inicio do programa de colocación de títulos da Débeda Pública Nacional para o primeiro trimestre de 2010.


Nace Diário Liberdade, "unha pequena embaixada galega nos países lusófonos"
10:00 09/02/2010 / Novo "portal anticapitalista"

Nace Diário Liberdade, "unha pequena embaixada galega nos países lusófonos"

Falamos con Diego Bernal, un dos responsábeis deste proxecto que pretende "dar voz aos que non teñen voz".


09:55 09/02/2010 / Xuntanza na Moncloa

"Que impere a razón", reclámalle Vázquez a Zapatero ao fío das caixas

O voceiro nacional do BNG pediulle ao presidente do goberno español a inclusión dunha "axenda galega" na presidencia de quenda da Unión Europea.


22:00 08/02/2010 / EDITORIAL

Invictus: a non vinganza

Invictus é a nova película de Clint Eastwood, director cunha filmografía que merece ser visitada periodicamente. Baseada no libro O factor humano de John Carlin, a película narra o acceso ao goberno de Nelson Mandela, nunha Suráfrica na que legalmente desaparecía o apartheid. O tema desta película é a non vinganza, a renuncia a facer xustiza. Un tema con numerosos e variados antecedentes históricos, desde a benaventuranza do perdón ata a forma na que se levou a transición á democracia en España.


Chaves avisa que o recurso á lei de caixas chegará "en horas"
18:45 08/02/2010 / O PSdeG convida a arranxar a lea en "20 días"

Chaves avisa que o recurso á lei de caixas chegará "en horas"

Feijoo láiase de que Madrid propón un "labirinto sen saída". Caballero prognostica "ducias de milleiros" de vigueses na rúa contra a fusión.


18:45 08/02/2010 / ATÉ 48 EQUIPOS

Xuventude propón unha liga de debate entre a mocidade co 'Parlamento Xove'

Alumnado de cuarto de ESO e mais Bacharelato deberá debater, na primeira edición do programa, arredor das redes sociais.


18:15 08/02/2010 / SECTOR ESTRATÉXICO

O turismo cultural supón á terceira fonte de ingresos do PIB galego

Segundo un informe do Consello da Cultura, este sector deixa en Galiza 1.424 millóns de euros, é dicir, o 2,5% da nosa economía.


"O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica"
18:00 08/02/2010 / Manifesto 'Polo Dereito á Cidade'

"O PXOM da Coruña, unha ilusión nada realista e pouco eco-lóxica"

Perto dunha vintena de colectivos sociais divulgan un modelo de alegación ao Plan Xeral da cidade para presentar antes do 18 de febreiro.


17:30 08/02/2010 / Orzamentos da Real Academia Galega

Que pague a Xunta e que pague o goberno español, esixe Ferrín

O presidente da RAG pide a inclusión da institución nos orzamentos da Xunta e nos xerais do Estado. Avalía en 1,2 millóns a necesidade "para sobrevivir".