Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A violencia cos animais e a tv

Redacción - 25/05/2007 17:32 - visitas

Recibido na caixa de correo:

"Os medios publicos de comunicación mófanse da tortura animal

O pasado 23 de maio poidemos ver no programa Son de Estrelas da TVG, televisión pública pagada por todos os galegos e galegas, como un menor de idade utilizaba unha escopeta de balíns para disparar a un gato, baixo a mirada compracente e entre as bromas dun grupo de xente que alí se atopaba. O feito non ten nada de inxenuo, pois alguén advertía que non se gravasen as imaxes e que se tivese coidado co SEPRONA. Boa educación á que lle están transmitindo a un neno!

De pouco vale o traballo das asociacións de protección animal se os medios públicos difunden estas imaxes sen nengún tipo de crítica nen censura, e mesmo bromeando sobre a situación.

Por todo isto, a Asociación pola protección animal Abeiro vai denunciar ante o SEPRONA e ante a consellaría de Medio ambiente aos autores de acto tan detestábel, e estudará a posibilidade de facer o mesmo co programa SON DE ESTRELAS e a súa presentadora.

Inicialmente esiximos unha rectificación pública da TVG, e o cese inmediato da presentadora polo seu comportamento inadecuado, bromeando ante o feito dunha agresión tan salvaxe a un animal indefenso. Feitos tan detestábeis non poden quedar impunes, nen moito menos ser difundidos sen crítica polos medios de comunicación, moito máis grave ainda se son de titularidade pública.

Susana Romero
Asociación Abeiro"


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: