Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil


Se é, que sexa nena

Ramon Vilar - 08/03/2007 04:53 - 1030 visitas

Avanzada a madrugada, os ordenadores collen un estraño gusto a cafeína e a cigarriños furtivos. A redacción ten algo de hospital, concretamente de maternidade. É necesaria a cirurxía. Álvaro e Berto andan cos bisturís, Robert achanza calquera problema uns metros máis aló. Lois, por responsabilidade paterna, aguanta estoicamente, facendo votos para que nada falle. Lara, Gael, Modesto e Fernando, logo dunha xornada tamén longa, agardan na casa o sinal dos primeiros choros da mañá. As contraccións xa empezaron hai horas e o parto é inminente.

O novo Vieiros nace nunha data moi sinalada. Axiña as primeiras luces do amencer darán paso ao Día da Muller Traballadora. Co día tamén volverá a actividade. Chegará un feixe de correos electrónicos de todas as esquinas do país, o bruar dos teléfonos será a banda sonora e na mesa de redacción discutiranse os temas do día. Que queren que lles diga...se é, que sexa nena.


Comentarios (5)

ghanito #1 8/Marzo/2007 ghanito

E que teña saude ;-)

ictioscopio #2 8/Marzo/2007 ictioscopio

"Avanzada a madrugada, os ordenadores collen un estraño gusto a cafeína e a cigarriños furtivos."

e deixan fumar nas maternidades? :P

Erasmo #3 9/Marzo/2007 Erasmo

Pois nena será e será leda...

Se queredes unha contribución aquí vola deixo... SORTE...!!!

http://vigo.cidadans.net/Erasmo/13042

Mafalda #4 9/Marzo/2007 Mafalda

Nena será, mais pronto terá que pasar a ser neno se quere sobrevivir neste mundo, ou espabilar e loitar cada minuto da súa vida para que a respecten como tal; sen ir máis lonxe, a mensaxe que recibirá ao rexistrarse en Vieiros diralle que é "benvido" e que está "rexistrado". Un cambio de sexo sen cirurxía, mais non sen dor.

celia #5 10/Marzo/2007 celia

QUE SEXA NENA E POR MOITOS ANOS

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: