Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Paco Valeiras


Paco Valeiras

Iniciou a súa actividade ecoloxista con tan só 17 anos fundando o Grupo de Acción Ecoloxista “Outeiro”, asociación que preside e á que adica gran parte do seu tempo e que ten ampla actividade na comarca de O Carballiño e proxección en toda Galicia.

Ten participado en múltiples programas de carácter medioambiental, tanto a nivel persoal como do Grupo ·Outeiro·, desenvoltos por a Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, en especial no terreo da recuperación da fauna salvaxe e, máis recentemente, nos programas de “mastíns para a defensa do gando” e creación de unha “perrera comarcal no O Carballiño”.

 

Colabora con destacados naturalistas de todo Galicia en programas de fauna salvaxe, da que é gran coñecedor, e participado en foros de debate, conferencias, seminarios, etc... por a súa traxectoria e experiencia vinculada dende sempre ao medio natural.

 

Colaborador con diversos medios de comunicación, en especial radio e prensa.