Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal patrocinado por Turgalicia

Festas do Cristo da Vitoria en Vigo

Do 30/06/2007 ás --:-- ao 04/08/2007

Este sábado Vigo colle o tren da festa e non o soltará até o próximo día 4 de agosto. En todo este tempo poucas son as actividades que non se poidan realizar ou das que non se poida gozar na cidade olívica. Podes descargar o programa completo das festas do Cristo da Vitoria aquí.

Concertos dos grupos pop actuais como Paulina Rubio ou Julieta Venegas, así como formacións de éxito noutras épocas, do xeito de Nacha Pop ou Los Secretos. A estes primeiros concertos sumarase unha longa lista de eventos musicais corais, tradicionais ou ritmos de fusión.

Festas gastronómicas coma a do polbo ou a sardiña e actividades para os pequenos son outras das propostas da edición 2007 dunhas das festas máis extenas no calendario galego.