Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal patrocinado por Turgalicia

Encontro coa música do Camiño en Via Stellae

Do 03/07/2007 ás --:-- ao 26/07/2007

Haberá música polos oito costados. Todos os camiños de entrada a Compostela terán o seu itinerario de concertos nesta edición de Via Stellae. Desde o 3 e até o 26 de xullo, varias modalidades de concertos encherán claustros e demais emprazamentos acollerán os recitais de música antiga e barroca previstos pola organización.

Celebraranse máis de oitenta concertos en Santiago e outros trinta e tres concellos das oito rutas xacobeas. As modalidades escollidas son as de concertos na capital galega, outros celebrados en puntos clave dos diversos camiños de entrada a Santiago, os "concertos exprés" de media hora de duración e os que misturan música e arte. Estes últimos combinarán a interpretación coa visita guiada aos mosteiros nos que se interpretarán as pezas.

Nesta segunda edición do festival, o número de concertos duplicouse con repecto á primeira cita. Ademais, haberá concertos que pasen ao horario de mañá para que o aproveitamento do festival sexa o maior posíbel, conservando a maioría das citas, iso si, á tardiña ou á noite.