Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal patrocinado por Turgalicia

Fagan as súas reservas de Carneiro ao Espeto

Do 19/06/2007 ás --:-- ao 20/07/2007

Achéganse os últimos días para poder facrese cun dos lotes para a Festa do Carneiro ao Espeto. A organización estimou como data límite o día 20 de xullo, nove antes de que se celebre o xantar. Cada un destes "packs" contén a comida e bebida suficiente para 20 comensais e o prezo ascende a 260 euros. Ademais, xa desde o día 13, diversas actividades e festexos prologarán o gran xantar.

A carballeira de Santa Lucía, en Moraña, acollerá a celebración da 38 edición da festa do carneiro ao espeto pero, para poder degustalo, hai que reservalo previamente. Se ben, aínda que a organización dá de prazo até o día 20, tamén afirman que pecharán a lista de superarse as previsións.

Carneiro, empanadas, pan, viño, auga, café e augardente será o menú escollido, como de costume. Esta festa vense celebrando na localidade desde fai xa 38 anos e que comezará este venres cun obradoiro de coiro, que se repetirá en xornadas sucesivas, actividades para os cativos, verbenas, orquestras e tamén festivais folclóricos, entre outros eventos. Podes descargar aquí o programa completo.