Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal patrocinado por Turgalicia

Festas na honra do Santísimo Cristo dos Aflixidos

Do 13/07/2007 ás --:-- ao 17/07/2007

Vigo celebra unha das súas festas máis antigas. A romaría do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas conta con máis de 200 anos de historia e goza da certificación de interese turístico galego. Con esta carta de presentación, a festa relixiosa complétase cun amplo espectáculo de fogos de artificio.

A festa do Santísimo Cristo dos Aflixidos de Bouzas volve este ano ás rúas de Vigo e lévao facendo, segundo constatan, desde o 1605. Entre os eventos previstos para esta edición destaca a tradicional procesión da imaxe polas rúas da cidade e a volta á igrexa na que se aloxa durante todo o ano.

Ademais, entre as actividades programadas destaca tamén a regata de faluchos (embarcacións tradicionais) e o tradicional espectáculo pirotécnico visíbel desde diversos puntos da cidade olívica. Malia todos estes eventos, é a procesión da imaxe a que lle valeu a esta festa a denominación de Festa de Interese Turístico en 2004.