Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Canal patrocinado por Turgalicia

A festa non descansa nas Pontes

Do 13/07/2007 ás --:-- ao 25/07/2007

Se non é a do Carme é a da Fraga, declarada de Interese Turístico. O caso é ter algo que celebrar e nas Pontes sábeno ben, xa que a segunda quincena de xullo é para eles sinónimo de festa. Máis de dús semanas de celebracións, concertos, teatro, música coral ou actos relixiosos, entre outros, centrarán os eventos principais.

Desde este venres día 13, as Pontes ofrecerá unha serie de actividades de lecer e relixiosas arredor da festividade do Carme. Desde unha novena na honra da Virxe, a party informática, que se celebrará desde o día 12 ao 14, por non falar da XXII mostra de corais no cine Alovi ou XII certame de bandas de música. O domingo, teatro e cine a escoller e no comezo da semana a festa segue con máis cine, teatro, as actividades do parque activo os concertos de Treixadura e o orfeón o día 18, entre outros festexos.

FESTA DE INTERESE TURÍSTICO

A romaría da Fraga, declarada de interese turístico, celebrarase un ano máis nas Pontes. Esta festa organízase en cabanas ao longo das fragas do Eume e a máis aquelada é galardoada pola organización. Expertos din que a tradición se remonta a comezos de século. Ademais desta arte, como toda boa romaría, non poden faltar a música e o xantar baixo as carballeiras. Degustaranse polbo, empanadas e outras viandas do país, regadas con viño e acompañadas por gaiteiros.

Para conmemorar esta festa o Concello preparou tamén unha serie de celebracións, entre as que destacan as verbenas con orquestras do país. O nabiza rock, que este ano traerá a Loquillo, Dr. Funkstein ou Shroud of Tears, entre outros, xunto con máis actividades do Parque Activo ou un festival folque para o día 24, no que actuarán Celtas Cortos, Muxarega e Four Man and a dog.