Cun xogo de palabras coa frase que fixo famosa o filme Jerry Maguire hai uns anos, a web Global Rich List propón un orixinal xogo. Introducindo nunha caixa determinada a cantidade total que vostede ingrese anualmente, en dólares ou libras, fai unha comparativa automática coa media mundial facendo un prognóstico aproximado de cantas persoas hai no planeta máis pobres ou máis ricas que vostede. O cálculo faise usando os datos do Grupo de Investigación de Desenvolvemento do Banco Mundial. Á beira, os promotores da páxina din agardar que vostede se sinta un pouco máis rico do que pensaba e animan a facer unha pequena doazón.
.