Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ASEMBLEA DA AELG

A Asociación de Escritores en Lingua Galega renova a directiva

A elección da nova xunta directiva e a aprobación dos novos estatutos son os principais asuntos que se van abordar este sábado na asemblea xeral da Asociación de Escritores en Ligua Galega, AELG. O actual presidente, Euloxio Ruibal, volve presentarse ao cargo, pero a secretaría da asociación pasará de ocupala Yolanda Castaño para cederlla ao poeta e ensaista Carlos Negro.

- 12:24 05/03/2004
Tags:

Entre as actividades programadas para os vindeiros meses destacan a organización dunha nova edición do congreso Galeusca, que reúne os escritores galegos, vascos e cataláns, e a entrega do premio "Letra E" a Salvador García Bodaño.

A Asociación lembra que "nesta etapa comezada hai xa máis de dous anos pola nova directiva lévanse conquerido unha serie de fitos imprescindibles para a proxección e medre de dita entidade –como un local propio, a creación dunha secretaría técnica, liñas de comunicación, aumento de ingresos propios ou unha importante suba no número de socios-. Agora, a AELG quere consolidar esta nova etapa coa renovación ou ratificación dos cargos da súa Xunta Directiva".

A asemblea terá lugar o sábado, 6 de marzo, no Museo do Pobo Galego, en Compostela, ás 4 e media tarde.


0/5 (0 votos)