Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
TENSIÓN NAS RÚAS

Un altercado pola autoría dos atentados provoca un morto en Navarra

Un policía nacional matou este mediodía un panadeiro en Iruña, logo dunha discusión a propósito da autoría dos atentados de Madrid. O panadeiro era membro do colectivo Etxerat, de parentes de presos de ETA. Tras a morte, producíronse diversos disturbios nas rúas da capital navarra.

- 16:32 13/03/2004
Tags:

Unha muller, que repartía lazos negros polas rúas da capital navarra, púxose a discutir co panadeiro Ángel Berroeta. Berroeta era membro do colectivo Etxerat, de parentes de presos de ETA. A liorta produciuse pola negativa do panadeiro de colocar un cartel de "non a ETA" no seu establecemento e polas discrepancias sobre a autoría dos atentados de Madrid.

A muller voltou para a súa casa e minutos despois regresou o seu home á panadería. O home, axente de policía nacional, disparoulle catro disparos ao panadeiro, que faleceu minutos despois de camiño ao hospital. O axente de policía entregouse posteriormente aos seus compañeiros. Tras o asasinato producíronse enfrontamentos nas rúas pamplonesas entre a policía e colectivos cidadáns.


0/5 (0 votos)