Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REVOLTA ESPONTÁNEA: "NON MÁIS MENTIRAS"

Milleiros de persoas maniféstanse en Galiza contra a manipulación do goberno

A xente da cultura e colectivos cidadáns convocaron diversas concentracións ante a falta de información sobre a autoría do atentado, diante das sedes do Partido Popular en Galiza e da Delegación do Goberno. A maioría das manifestacións marcharon baixo o lema "Non máis mentiras. Queremos saber a verdade". As convocatorias realízaronse a través de mensaxes SMS e correos electrónicos. Nas concentración participaron tamén persoas vencelladas ás forzas políticas da oposición e a sindicatos. Ás 2:00 da noite, trala denuncia do PP, a Xunta Electoral entende que as concentracións violan a xornada de reflexión.
Ferrol, ás 10:30 da noite había arredor de 1.500 persoas na praza de España.
Vigo, 3.000 persoas ocuparon a rúa Urzáiz diante da sede do PP
A Coruña, arredor de 3.000 persoas concentráronse diante da Delegación do Goberno e marcharon en manifestación cara á praza de María Pita.
Santiago, na manifestación participaron arredor de 3.000 persoas. Ás 24:00 reuniuse unha concentración silenciosa no Toural, cunha asistencia dunhas 400 persoas.
Pontevedra, 400 persoas diante da sede do PP na rúa da Oliva
Ourense, á 1:00, 300 persoas diante da Subdelegación do Goberno
Lugo, ás 22:30 xuntáronse 300 persoas diante da sede do PP en San Marcos
As concentracións esténdense por todo o estado
Rajoy esixe que cesen as concentracións ante as sedes do PP
Reaccións políticas: BNG e EU. ERC e PSC piden demisións
A Xunta Electoral Central estima "contrarias á lei" as concentracións

- 15:54 14/03/2004
Tags:


0/5 (0 votos)