Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CORENTA ANIVERSARIO DE MAFALDA

Manolito cumpre trinta e nove anos

Manolito Goreiro é un rapazolo un pouco bruto, pragmático e sentimental. Apareceu na vida de Mafalda o 29 de marzo de 1965, nunha das bandas deseñadas polo debuxante arxentino Joaquín Salvador Lavado, Quino. Manolito, fillo dun tendeiro de orixe galega, é unha especie de resumo de todos os tópicos sobre os emigrantes en Arxentina: cobizosos e aforradoriños, escasa formación, politicamente conservadores. A web de Fillos de Galicia tivo a ben incluilo na súa nómina de fillos famosos. A propia Mafalda está tamén de aniversario. En setembro deste ano fanse corenta da publicación dos primeiros cadriños dunha das arxentinas máis coñecidas en todo o mundo.

- 13:00 29/03/2004
Tags:


0/5 (0 votos)