Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ELECCIÓNS AO EUROPARLAMENTO

O BNG presentarase ás eleccións europeas co PNV, CiU e PSM

O BNG, o Partido Nacionalista Vasco, o Partit Socialista de Mallorca e Convergència i Unió integrarán unha coalición de forzas nacionalistas que se presentará ás vindeiras eleccións europeas. Segundo unha nota do BNG, estas organizacións "comparten co BNG a idea de que esta grande coalición tería a virtualidade de que, tamén no cenario da política europea, se reflectise o carácter plurinacional do Estado, no cadro do proceso constituínte que se está a producir na Unión Europea". Ademais, "unha grande coalición de forzas nacionalistas –asi o estiman PNV, CiU, PSM e BNG- sería o referente político do carácter plurinacional do Estado, con opcións moi serias de se converter na terceira forza política no conxunto estatal".

- 17:29 31/03/2004
Tags:


0/5 (0 votos)