Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DÚAS EMPRESAS GALEGAS OFRECEN O SEU PATROCINIO

Fillos logra financiamento para garantir a súa supervivencia

Fillos.org, o veterano portal dirixido á emigración, creado polo vasco-galego Manuel Casal Lodeiro, conseguiu sair a flote logo dunha crise económica que ameazaba a súa supervivencia na rede. Segundo explican desde o colectivo, que conta cun milleiro de usuarios rexistrados de todo o mundo, a campaña de urxencia de captación de fondos logrou recadar o diñeiro necesario para manter o servicio, gracias ás doazóns dos socios e ao patrocinio de dúas empresas, unha delas a lalinense Toypes e a outra, da que non facilitaron o nome, propiedade dun emigrante galego.

- 10:53 15/04/2004
Tags:

Os membros da Asociación Cultural Fillos de Galicia decidiron o seu futuro nunha asemblea xeral celebrada a través de Internet nos pasados meses de xaneiro e febreiro, a través dunha listaxe de correo interna e dunha intranet onde se ían publicando as propostas, enmendas e actas.

O incremento de socios e o patrocinio de dúas empresas galegas, resultado da campaña de captación de fondos posta en marcha a finais do ano pasado, permitiulles dispor do diñeiro necesario para seguir coas suas actividades alomenos durante un ano máis, segundo informa Lodeiro.

Na campaña xuntaron aproximadamente 1.500 euros en doazóns e rexistro de novos socios; 2.500 que puxo a empresa de moda Toypes; 1.500 que doou Manuel Casal Lodeiro, tras gañar o premio de ensaio Galeguidade da Xunta, e contan ademais co patrocinio dunha empresa propiedade dun emigrante galego, que achegará outros 5.000 euros.

Outra das novidades desta comunidade virtual de emigrantes é a creación de comisións, que lles permitirá levar adiante novos proxectos, que tiña pendentes, como a actualización do Atopadoiro, un servizo para o reencontro de familias separadas pola emigración.


0/5 (0 votos)