Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
FRAGA MÓSTRASE DISPOSTO AO DIÁLOGO CO GOBERNO CENTRAL

PP: "Absolutamente baleiro"

O presidente da Xunta amparouse na "prudencia" ante o discurso de Zapatero para manifestar "a nosa disposición ao diálogo co novo Goberno central que, ademais, nalgúns asuntos, mostrou unha continuidade co realizado polo goberno español". Sinalou que "calquera valoración que se faga nestes momentos é apresurada, xa que hai que esperar a que remate todo o debate e ver se concreta algo máis o que foron simples enunciados". Máis duro nas súas críticas foi o voceiro do grupo popular no Congreso dos Deputados, Eduardo Zaplana, quen afirmou que o discurso de Zapatero foi "absolutamente baleiro e carente de toda concreción e rigor". Zaplana subliñou que esa indefinición se debe a que "non pode ir máis alá" porque ten pactos con forzas palarmentarias que non pode desvelar.

- 15:37 15/04/2004
Tags:


0/5 (0 votos)