Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ACCIDENTE PRODUCIUSE EN COMPOSTELA ÁS 9.30 HORAS

Morren tres persoas ao incendiarse un globo coa lenda "Xacobeo"

Tres persoas mortas é o tráxico balance do accidente que se produciu esta mañá en Santiago, arredor das 9.30 horas da mañá, ao incendiarse un globo aerostático que sobrevoaba a zona comprendida entre Poza de Bar e o Campus Sur. O globo pertencía á empresa vallisoletana Globoacción. As vítimas, que xa foron identificadas, foron dous coruñeses, José María Vázquez e Roberto Rodríguez e un vallisoletano, Diego Criado del Rey, un dos propietarios da empresa. Os cadáveres foron transladados ao Instituto Anatómico Forense de Santiago. O presidente da Xunta, Manuel Fraga, asegurou que a empresa propietaria do globo "non ten nada que ver", nin co goberno galego nin coa sociedade encargada da promoción do Xacobeo, a pesar de que o aerostato lucía unha lenda con ese nome. O concello de Santiago confirmou que o globo non tiña autorización para sobrevoar a cidade.

- 12:35 23/04/2004
Tags:

A primeira hora da mañá do 23 de abril sobrevoaban a cidade compostelá dous globos aerostáticos pero un non puido completar o itinerario previsto. Ao mediodía descoñecíanse aínda as causas que provocaron o incendiamento dun dos aparellos, no que viaxaban tres persoas.

Segundo testemuñas presenciais, o globo petou contra o tellado do instituto Xelmirez e algúns alumnos doutro instituto próximo puideron ver como caían ao chan os tres viaxeiros, un deles en chamas.

As tres persoas falecidas xa están identificadas. Trátase de Diego Criado del Rey, natural de Valladolid e presidente da Comisión Técnica de Areoestación da Real Federación Aeronáutica Española e José María Vázquez e máis Roberto Rodríguez, veciños da Coruña.

O segundo dos globos, que tamén levaba tres tripulantes, aterrou sen problemas. Un destes viaxeiros é irmán dun dos falecidos no outro aparello.


0/5 (0 votos)