Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O OBXECTIVO É ACHEGARLLE A LINGUA GALEGA Á EMIGRACIÓN

Fillos inicia unha campaña de recollida de libros

Con motivo da próxima celebración do Día das Letras, a comunidade virtual Fillos vén de emprender unha campaña de recollida de libros en lingua galega, que serán distribuídos mediante sorteo entre os usuarios do portal. Con esta iniciativa, que conta co apoio da empresa de mensaxería MRW, pretenden que os descendentes de galegos "teñan acceso a un material cultural que non lles resulta doado nin barato de atopar na emigración".

- 07:47 26/04/2004
Tags:

"A través do noso portal tentamos que os fillos dos emigrantes recuperen o idioma, como parte da nosa herdanza cultural, e pensamos que non hai coma os
libros para lles axudar a coñecer o galego", aseguran desde Fillos, comunidade virtual onde "moitos se animan a ler e escribir en galego por primeira vez".

A campaña leva por título "Un libro galego para os fillos que están lonxe" e está aberta ata o 22 de maio. Os interesados en facer doazóns –acéptanse libros novos ou de segunda man- poden achegarse a calquera delegación de MRW e facer entrega dos libros que posteriormente Fillos sorteará entre os seus usuarios, os cales residen en máis de 20 países de todo o mundo, segundo informan desde o propio portal.


0/5 (0 votos)