Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
A FEMP INSISTE NA REFORMA DO FINANCIAMENTO MUNICIPAL

Manconmunidades: a alternativa ás deputacións?

A xestión conxunta de servizos públicos comúns entre concellos da mesma área, é obxectivo prioritario de cara á mellora da eficacia na atención aos cidadáns, que moitas veces traballan nunha cidade pero residen en núcleos de poboación próximos. Foron algunhas das conclusións do seminario ‘A hora das cidades’, organizado este xoves pola Fundación Barrié.

- 08:10 21/05/2004
Tags:

Os expertos reunidos foron especialmente críticos co papel que xogan as deputacións na xestión de recursos neste contexto, e chamaron a repensar as súsa funcións. Asimesmo, gabaron as oportunidades que ofrece a creación de entes supramunicipais, ao xeito das mancomunidades.

Contámoslles tamén da advertencia de Francisco Vázquez, na súa calidade de presidente da Federación Española de Municipios e Provincias, de que grandes cidades españolas están no gume da ruína polas súas deficitarias contas. Afirmou Vázquez que a necesidade de prestar servizos que lle corresponderían ás Administracións autonómicas ou ao Estado está na orixe deste problema.

O alcalde coruñés asegurou que esta situación acontece en varias cidades galegas, malia que non quixo concretar cales, ao tempo que gababa a boa situación das contas do concello que el mesmo goberna.

A advertencia formaba parte da petición na que unha vez máis insiste a FEMP para a reforma do modelo de financiamento municipal. Na opinión de Vázquez, estes cambios serían prioritarios e a súa negociación debería acometerse antes das revisións de Constitución ou estatutos de autonomía.

Máis información no Diario de Titulares.


0/5 (0 votos)