Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REÚNENSE OS DÍAS 9 E 10 DE XULLO EN SOBER E LUGO

A primeira xuntanza 'non virtual' de Fillos.org

Fillos.org é, con sete anos de existencia, o maior portal da rede sobre a emigración galega e estes días van afastarse da virtualidade da internet para levar a cabo a súa primeira xuntanza. Entre o venres 9 e o sábado 10 os membros da Asociación Cultural Fillos de Galicia debaterán en Sober e en Lugo sobre a nova estructura que asumiu a súa sociedade, o traballo das novas comisións e a situación económica da agrupación.

- 07:48 08/07/2004
Tags:

Dende a asunción de novas vías de actuación os membros da directiva de Fillos.org ven necesaria unha avaliación da situación na que se atopan, tanto a nivel estructural como económico. O principal obxectivo é, polo tanto, o de conseguir patrocinadores que permitan a profesionalización do portal que xestionan. Ademais, durante este encontro avaliaranse os resultados das accións levadas a cabo durante o ano, como a recolleita de libros o pasado Día das Letras Galegas.

Na xuntanza de Fillos.org van participar socios procedentes de Galicia, Madrid, Euskadi e Panamá, as ausencias máis salientables son as dos membros da asociación residentes no norte de América, en Brasil e na Arxentina.


0/5 (0 votos)