Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOCIÓN DE CENSURA

Cambio de goberno no concello de Verea

O Partido Popular gañará unha nova alcaldía, desta volta será a do concello ourensán de Verea, e coa axuda de dous ex-concelleiros do BNG. A moción de censura, presentada este mércores, e que se debaterá o próximo 26 de xullo, mudará un goberno local onde o PSOE leva 16 anos no poder. O incumprimento das condicións do pacto PSOE-BNG foi a razón argumentada polos concelleiros nacionalistas para rachar o acordo e saír do Bloque, e favorecer así que os populares accedan ao goberno. Félix Parada, actual alcalde socialista en Verea, acusou o PP de non respectar o pacto antitransfuguismo.

- 07:05 15/07/2004
Tags:


0/5 (0 votos)