Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS DUNHA VINTENA DE LUMES SÓ O SÁBADO

Os incendios volven asolar Galiza e obrigan a desaloxar unha aldea no Carballiño

A Garda Civil desaloxou unha vintena de veciños de Banga (O Carballiño) pola proximidade do incendio que afectou durante todo o sábado a zona e que xa prendeu nalgunhas casas. Os bombeiros traballaron tamén na extinción de polo menos 23 lumes por toda Galiza. As aldeas de Poedo e Lobás (Baños de Molgas) e Meamán (Calvos de Randín) tamén están ameazados polas labaradas. Mentres, Adega e Adena denunciaron a falta de previsión e a falta de medios.

- 22:16 31/07/2004
Tags:

Ademais do de Banga, os incendios forestais máis grandes rexistráronse en Carballeda de Avia, Xunqueira de Ambía, Calvos de Randín, Ponteareas, Carballedo e Ribas de Sil. Outros incendios que quedaron controlados nas últimas horas afectaron os concellos de Taboadela, Punxín, Padrenda, Allariz, Maside, Laza, Arnoia, Sarreaus, San Xoán de Río, Bande, Chandrexa de Queixa, Oímbra e O Barco (todos na provincia de Ourense), e nas Neves e en Quiroga.


0/5 (0 votos)