Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PREGUNTA DE COMISIÓNS OBREIRAS Á XUNTA

Onde van os cartos da loita contra o lume?

O "evidente fracaso" das políticas aplicadas polo goberno galego contra o lume nos últimos anos fan necesario "que se detalle polo miúdo en que se gastaron os millóns de euros" que a Xunta di ter empregado no combate dos incendios.

- 14:02 10/08/2004
Tags:

Así o vén de esixir o sindicato CCOO, que critica a inexistencia dunha forma transparente de medir o número e alcance dos incendios, o rexeitamento dende a consellería de Medio Ambiente a un proceso de diálogo e consenso sobre o problema e a falta de medios materiais, técnicos e humanos que leva a un exceso de horas de traballo das brigadas e axentes forestais.

Por outra banda, vense de anunciar para a segunda quincena do mes unha folga que lle afectará aos servizos aéreos anti-incendios.


0/5 (0 votos)