Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"EURONATUR"

As "equivocadas políticas forestais" na orixe

Unha política forestal errada, que veu dar nun exceso de piñeiros e eucaliptos que serven de "mecha" para os lumes é unha das causas fundamentais da vaga de lumes que se extenderon pola península os últimos meses.

- 15:32 10/08/2004
Tags:

A opinión chega dende a Fundación para o Patrimonio Natural de Europa, institución alemana que defende que unha reforestación a base de especies autóctonas corrixiría a situación e pide políticas europeas ao respecto. A Federación Ecoloxista Galega ten insistido tamén que en Galiza a "eucaliptización" favorece a propagación dos incendios.

Impulsora de proxectos medioambientais en diversos lugares do planeta, o informe de Euronatur subliña entre outros que só un 12% da superficie total é ocupada actualmente no Estado español por bosques naturais. Na opinión da fundación alemana, unha estratexia para a solución do problema dos incendios no futuro pasa pola necesaria reforestación e protección de especies de árbores autóctonas.

Euronatur advirte que a extensión de especies forasteiras non só rachou equilibrios ecolóxicos, senón que incrementou enormemente os riscos en caso de incendio. A estratexia futura a nivel europea debera pasar, segundo afirmou Claus-Peter Hutter, presidente da fundación, pola creación dunha política forestal europea con estratexias claras a longo prazo e por unha recuperación de bosques a través de especies propias dos ecosistemas. En xogo non só perdas ambientais moitas veces irrecuperábeis senón tamén graves consecuencias económicas sobre as zonas afectadas.


Ligazóns

0/5 (0 votos)