Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PARTE MÉDICO OFICIOSO, 1

Gastroenterite ourensá

Os servizos médicos de Monte Pío diante da alarma internacional causada pola enfermidade transitoria do Presidente don Manuel Derradeiro Salaio fan saber:

- 12:42 28/09/2004
Tags:

Primeiro, que se diagnosticou unha aguda gastroenterite de cepa ourensá.
Segundo, que a enfermidade manifesta unha teimuda rebeldía ao tratamento prescrito.
Terceiro, que a dose de cuíñina administrada sorpresivamente non freou o proceso de evacuación de disidencias.
Cuarto, que se agardan efectos colaterais non desexados.

Prescribíuselle:
1/ Continuar co abandono das súas responsabilidades de goberno.

Observacións: Na noite de onte, o Presidente sentou á mesa con José Luís Baltar e Xosé Cuíña pero non compartiu a pizza con salsa siciliana encargada na sonada pizzería don Vito Corleone. Os invitados agasallaron ao presidente cun prato forte de arroz tres delicias (Palmou demisión, Cuíña deputado e en Ourense só mando eu), que se negou prudentemente a tragar. A ex-ministra de Sanidade recomendou persoalmente ao Presidente unha tisana de reconciliación. Durmiu desacougadamente e tivo pesadelos lembrando as penas de morte executadas o 27 de setembro de 1975.

Prognóstico presidencial: Persiste a gravidade.

Por Manuel M. Barreiro


0/5 (0 votos)