Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
"OUTRO MUNDO É POSÍBEL"

Comeza o Foro Social Europeo por unha "xustiza social global"

Un espazo aberto á pluralidade, oposto ás visións totalitarias da economía e do desenvolvemento, a prol do respecto aos dereitos humanos, da práctica dunha democracia verdadeira e participativa... Moitos e ambiciosos propósitos para a reflexión na terceira edición, este ano en Londres, dunha xuntanza xurdida do Fórum Social de Porto Alegre.

- 09:13 14/10/2004
Tags:

"Relacións igualitarias, solidarias e pacíficas entre persoas, etnias, xéneros e pobos, condenando todas as formas de dominación ou de sumisión dun ser humano sobre outro...". A proposta de alternativas para solucionar os problemas de exclusión e desigualdade no contorno dos procesos de globalización económica é obxectivo chave para o debate e o intercambio de experiencias no Fórum Social Europeo que dende este xoves, co acto oficial de apertura, e ata o próximo día 17, ten actividade en Londres.

Tres días para a reflexión compartida entre membros de asociacións e colectivos diversos, chegados de toda Europa. Nesta edición estructurouse o debate en seis eixos: guerra e paz; democracia e dereitos fundamentais; xustiza social e solidariedade: contra a privatización dos dereitos sociais; globalización empresarial e xustiza global; igualdade e diversidade fronte a racismo, discriminación e rexurdir da extrema dereita; e crise medioambiental e sociedade sostíbel.


Ligazóns

0/5 (0 votos)