Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ORGANISMO INTERNACIONAL DECIDE

Prestige: a Fidac decide se lle pon demanda á clasificadora

A posibilidade de que a sociedade clasificadora do Prestige, a compañía ABS, sexa demandada, será centro de interés este luns na xuntanza do comité executivo do Fondo Internacional de Compensación por Danos de Hidrocarburos. Lembrámoslles que ABS foi quen certificou que o buque era apto para o transporte de fuel.

- 07:24 18/10/2004
Tags:

Recordámoslles que ao respecto, o goberno español xa presentara a súa propia demanda fronte á xustiza estadounidense, a través da cal se lle pedía á compañía unha indemnización de mil millóns de dólares.

Ao fío deste proceso, a empresa presentara á súa vez unha contrademanda na que subliñaba a responsabilidade do Estado español no afundimento do petroleiro. Coma lles contamos no seu momento, a xuíza encargada do caso desestimou esta contrademanda, reforzando as posibilidades de que fose adiante a presentada polo goberno español.

A oficina do comisionado para o Prestige, coa súa directora Purificación Moreiras á cabeza, acode á cita co Fidac, onde explicará as actuacións realizadas deica agora polo goberno central, pagamento de indemnizacións incluído. Asimesmo, participará o secretario xeral da consellería de Pesca, para dar conta da actuación do goberno autonómico.


Ligazóns

0/5 (0 votos)