Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MOVEMENTO POLO CAMBIO

Nace unha asociación a prol do cambio político

Esta tarde preséntase en Santiago o Movemento Polo Cambio, unha nova asociación "de carácter cívico-político que traballa para promover un novo xeito de facer política en Galiza". Vecellado á Fundación Iniciativas XXI, xurdida no contorno do PSdeG, os promotores do MPC redactaron un Manifesto Programático (pdf) configurado como un decálogo que abrangue críticas ao actual xeito de gobernar Galicia e propostas nas que asentar outro xeito de facer política".

- 07:46 21/10/2004
Tags:

Como obxectivo principal da súa actividade, Movemento Polo Cambio busca que, "dende os poderes públicos de autogoberno, se desenvolvan políticas progresistas e galeguistas que signifiquen un beneficio real para pobo galego".

A asociación organízase en Plataformas que abranguen os diversos sectores da sociedade (educación, sanidade, cultura, universidade e outras de tipo transversal como muller ou cohesión social) e que "se converterán na canle de expresión e no foro de debate de todos aqueles que pensan que o cambio en Galicia é posíbel".

No acto estarán presentes representantes das distintas Plataformas como Xosé Buitrón, representante da Plataforma de Sanidade e coordinador da Unidade de Transplantes do Complexo Hospitalario Juan Canalejo, Ernesto Chao, actor e representante da Plataforma de Cultura ou Manel Loureiro como representante de "Xeración 21 Polo Cambio".

Movemento Polo Cambio organizará tamén ó día 21, xoves, unha festa aberta a tódolos que se queiran achegar ás 22:30 horas á sala Capitol de Santiago de Compostela, na que se proxectarán videocreacións e que contará coas actuacións de varios artistas invitados, como Avelino González ou Narf.


0/5 (0 votos)