Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROPOSTAS DE BNG E PSdeG

A oposición denuncia as irregularidades nas deputacións "populares"

O desbalde orzamentario e os puntos escuros nas contas das institucións provinciais foron criticados este martes polo Bloque, ao tempo que se esixía a comparecencia do presidente da deputación de Pontevedra para explicar as recentes denuncias por corrupción. No mesmo sentido, o PSdeG reclamaba a constitución dunha comisión de investigación sobre o presunto trato de favor nas adxudicacións da institución pontevedresa.

- 06:53 27/10/2004
Tags:

"Hai que rematar coa política do todo vale", pediu o deputado nacionalista Francisco Trigo este martes. Trigo anunciou unha serie de iniciativas parlamentarias do BNG de cara ao control destas "actuacións de nepotismo" e advertiu contra o uso das deputacións "coma unha forma de mercadeo e mecenazgo favoritista". Ao respecto, avisou que se pedirá que Rafael Louzán compareza no Parlamento para explicar o presunto trato de favor a dúas empresas.

"Imos facer que os galegos e os pontevedreses saiban como usa o poder o presidente provincial do PP e tamén da Deputación de Pontevedra, o señor Louzán", afirmou por outra banda Modesto Pose, coordenador dos socialistas pontevedreses. Pose anunciou a reclamación dunha comisión que investigue as adxudicacións vencelladas con Louzán e advertiu que se o PP se opón "pechando a vía política", os socialistas entenderían que "hai algo que agochar e valorariamos a utilización doutras vías". O PSdeG quere extender a investigación ás subcontratas, contratación de persoal e incompatibilidades de altos cargos.


0/5 (0 votos)