Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA SOBRE O ARRASTRE DE PROFUNDIDADE

A CIG-Mar critica a "acción demencial" de Greenpeace contra o "Praia de Menduíña"

O secretario xeral de CIG-Mar, Xabier Aboi, cualificou de "acción demencial" a protesta que está realizando un barco de Greenpeace contra o arrastreiro de Cangas "Praia de Menduíña" en augas do Atlántico Norte. Aboi considera que se están utilizando barcos galegos como "cabezas de turco" cando "o estado español só captura o 10% do arrastre, mentres que Rusia, Canadá e Noruega quedan co 90% restante".

- 16:32 28/10/2004
Tags:

Para o sindicalista, as accións de Greenpeace están instigadas por "países con intereses neste sector: "non sei se Canadá é accionista de Greenpeace, pero moitos dos seus donativos veñen deste estado", sinalou.

Aboi lembrou que nos barcos galegos que faenan no Atlántico Norte viaxan biólogos e foron revisados por inspectores da NAFO, da Unión Europea e de Canadá e "non de detectaron irregularidades".

Segundo Xabier Aboi, a CIG-Mar mantense en "contacto permanente coa tripulación do "Praia de Meduíña". Os mariñeiros transmitíronse o seu temor a que perigue a súa integridade física polo "acoso insistente e intermitente" dos ecoloxistas.

Tamén criticou ao goberno español por "non facer nada" diante desta situación. Aboi acha en falta que o Ministerio de Agricultura e Pesca non "desmentise" as acusacións de Greenpeace, "cando saben que hai biólogos a bordo e xa foron inspeccionados".


0/5 (0 votos)