Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DOUS ANOS DESPOIS

Non hai protocolos de actuación definidos para o futuro

Dispositivos asistenciais, evacuacións de poboacións, articulación dos traballos de recollida, deseño e coordinación das investigacións científicas...? A día de hoxe, dende a administración autonómica e central insístese en que "estamos preparados". Malia todo, non existe un guieiro oficial de actuación en caso de que unha catástrofe semellante volva acontecer.

- 13:28 12/11/2004
Tags:

O discurso, moi escoitado a nivel da administración económica que defende que "estamos máis preparados" ten base na multitude de pistas para a actuación futura que o cúmulo de erros, eivas ou acertos se viñeron realizando estes meses.

Na realidade, non está claro que se outro desastre volve acontecer non teñan que ser os mariñeiros e viciños os que saian apañar o fuel. Colectivos sanitarios teñen pedido o impulso de estudios epidemiolóxicos profundos sobre o acontecido e insistido na necesidade de tomar mostras e realizar continuas medicións atmosféricas nun caso coma este.

Asimesmo, os voluntarios na retirada de fuel deberían ser fornecidos dende o comezo con material de protección axeitado, incluídas mascarillas de protección do chamado tipo A e incluso do tipo E en lugares pechados como é en furnas e entre rochas. A Mesa de Saúde de Nunca Máis propuxo a creación dunha rede de almacéns de material de protección repartidos por toda a costa e o reforzo dos dispositivos asistenciais das costas. Tamén se recomendou a evacuación de poboación de áreas expostas a altos niveis de aerosois de fuel, coma probablemente se debería ter feito cos veciños próximos ao paseo marítimo de Muxía no seu momento.

Outra proposta e a creación dun equipo de profesionais para a avaliación das mellores técnicas de tratamento do fuel, evitando a incineración pola forte contaminación que orixinaría.


0/5 (0 votos)