Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
DOUS ANOS DESPOIS

A prol da responsabilidade plena e ilimitada

Calquera medida de seguridade e recomendación a prol do medio ambiente que se expoña non será efectiva se non existe un contorno legal serio que garanta a esixencia de responsabilidades en casos coma o do Prestige.

- 13:40 12/11/2004
Tags:

Os EEUU avanzaron neste sentido co establecemento dun rexime de responsabilidade propio logo do vertido do Exxon Valdez nas costas de Alaska. Non parece que a curto prazo poidamos dispoñer dun marco legal semellante para as nosas costas.

A definición da responsabilidade plena e ilimitada debera cubrir toda a cadea de transporte marítimo. O rigor será maior deminuíndo as posibilidades de accidente se se acomete un redeseño legal que lle afecte a todos os implicados: os Estados dos cales baixo dos seus pavillóns navegan os buques; as sociedades clasificadoras responsábeis de avaliar a cualificación para a navegación dos petroleiros; os donos da mercadoría susceptíbel de poñer en risco o medio ambiente en caso de accidente; as compañías aseguradoras; os armadores e fletadores e finalmente os mesmos propietarios do buque e os responsábeis directos da navegación, co capitán á cabeza.


0/5 (0 votos)