Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O ALCALDE PIDE PROTECCIÓN ANTE AS "AMEAZAS" DO EMBAIXADOR

A embaixada israelí quéixase a Moratinos por unha campaña "antisemita" do concello de Oleiros

A embaixada de Israel no estado español pediulle ao ministro de Asuntos Exteriores, Miguel Ángel Moratinos, que intervise para paralizar a campaña que está desenvolvendo o concello de Oleiros en solidariedade co pobo palestino e contra o goberno presidido por Ariel Sharon. En concreto, o concello inserta nos paneis de información municipal e nas camisetas que están a venda por 6 euros mensaxes nas que se cualifica ao primeiro ministro israelí de "besta" e "asasino". O alcade de Oleiros, Ángel García Seoane, recibiu unha chamada telefónica do embaixador israelí, Victor Harel, para queixarse da campaña.

- 13:11 16/11/2004
Tags:

Victor Harel pediulle ao alcalde García Seoane que retirase inmediatamente a campaña, tanto dos paneis informativos, como a das camisetas e os anuncios na web municipal. Segundo o concello, o embaixador chegou a ameazar ao alcalde con estas palabras: "se non retiran a campaña, aténganse ás consecuencias, porque non sabe vostede do que somos capaces de facer nós".

O concello de Oleiros puxo en coñecemento estes feitos ao ministro de Asuntos Exteriores "a quen se lle remitíu por correo oficial copias dalgúns dos moitísimos mails que, chegando a bloquear os correos de Alcaldía e Comunicación, profiren novas e variadas ameazas, insultos e demais improperios contra do alcalde e contra desta campaña que, co mesmo espíritu humanitario e solidario que se teñen levado outras dende hai máis de 20 anos neste concello, só pretende sensibilizar á opinión pública sobre os atropellos e terrorismo de estado que o máximo mandatario israelí, Ariel Sharon, está levando a cabo co povo palestino"

O alcalde de Oleiros pediulle tamén ao ministerio "a debida protección persoal e institucional á que como cidadá ten dereito, dada a dimensión das amenazas firmes feitas polo Embaixador israelí, Víctor Harel".


0/5 (0 votos)